Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COLABORA COA ASOCIACIÓN JÓVENES EMPRESARIOS NA DÉCIMA EDICIÓN DO "PREMIO XOVE EMPRESARIA/O E INICIATIVA EMPRENDEDORA DE GALICIA"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, avanzou que a gala de entrega dos galardóns se celebrará o vindeiro 16 de xuño no Pazo da Cultura
Narón, 21 de maio de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentaron hoxe a décima edición do Premio Xove Empresaria/o e Iniciativa Emprendedora de Galicia xunto con Luciano Cobelo e Luis González, presidentes de AJE Galicia e AJE Ferrolterra respectivamente. O Concello de Narón colabora un ano máis con esta convocatoria, na que participarán os gañadores da edición celebrada no ano 2020 nas AJES de Ferrolterra, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. A alcaldesa agradeceu o feito de que o acto de entrega de premios se celebre nunha gala programada para o vindeiro 16 de xuño, ás 20.00 horas, no Pazo da Cultura. As bases poden consultarse na web da Asociación de Jóvenes Empresarios. Establecéronse catro premios: ao Xoven empresario de Galicia, á iniciativa emprendedora de Galicia, accésit á innovación e accésit á responsabilidade social empresarial. Á hora da concesión dos mesmos por parte do xurado valoraranse varios criterios, establecidos en función de cada modalidade e entre os que figuran a creación de emprego estable, a creatividade, orixinalidade, innovación, o crecemento sostible, actuacións en materia de igualdade.. Un dos obxectivos desta convocatoria é “premiar o labor dos emprendedores/as e novos empresarios/as que contribúen co seu esforzo e dedicación a crear riqueza e xerar emprego”. O presidente de AJE Ferrolterra avanzou que a maiores dos catro premios establecidos “este ano con motivo da décima edición do certame tamén se ofrecerá unha mención de honor aos nove últimos gañadores destes premios pola súa traxectoria. Así mesmo, o presidente de AJE Galicia agradeceu a acollida do Concello de Narón e recalcou que “este ano é moi importante, tendo en conta a dificultade de entregar estes premios despois de máis dun ano de pandemia, pero estamos moi ilusionados porque hai moito nivel”. Pola súa banda, o concelleiro de Promoción Económica de Narón agradeceu a AJE o seu labor e asegurou que “Narón seguirá sendo un concello emprendedor e acolleremos cos brazos abertos calquera iniciativa deste tipo”. Finalmente a alcaldesa da cidade asegurou que “somos conscientes de que o sector empresarial, entre outros, está sufrindo os graves efectos desta pandemia e queremos que saiban que seguirán contando co noso apoio, xa constatado con axudas como o programa municipal Narón impulsa e outros autonómicos e provinciais aos que nos acollemos para tratar de botar unha man nestes tempos complicados”. Así mesmo, Ferreiro valorou o labor que desenvolven asociacións como AJE e avanzou que dende o goberno local “continuaremos respaldando calquera iniciativa encamiñada a fomentar a creación de emprego e ás emprendedoras e emprendedores que levan a cabo o seu traballo con gran esforzo e dedicación”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal