Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS CONSELLOS TERRITORIAIS CELEBRARANSE ESTA SEMANA NAS PARROQUIAS DE O VAL, SAN MATEO E SEDES
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, animou á veciñanza a participar nestas convocatorias que rematarán o vindeiro mes de xuño
Narón, 24 de maio de 2021. As parroquias de O Val, San Mateo e Sedes acollerán esta semana os Consellos Territoriais que se celebran dende o pasado 10 de maio no termo municipal. A edil de Participación Cidadá, Catalina García, presidirá estas convocatorias, que se retoman esta tarde ás 19.30 horas no local social do Val e que continuarán o mércores 26 na Escola de San Mateo e o venres 28 no local social de Sedes, nos dous últimos casos a partir das 19.00 horas. García destacou a participación nos Consellos Territoriais celebrados a pasada semana no Alto e en Pedroso, donde a maiores de entidades veciñais e asociacións participaron tamén algunhas veciñas e veciños a título particular. Unha vez máis, tal e como recordou a edil naronesa, informouse aos asistentes sobre a modificación do Regulamento de Participación Cidadá, a actualización dos representantes do Consello Xeral e tamén sobre o Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), ao que se poden presentar propostas –ata o 18 de xuño na actual fase do procedemento- a través da plataforma municipal Narón Participa: https://www.naronparticipa.es/. Nos Consellos Territoriais celebrados a pasada semana abordáronse temas como a accesibilidade, a necesidade de recuperar frecuencias no servizo de transporte ferroviario, a cobertura de internet na zona rural e tamén, no caso de Pedroso, a viabilidade de reabrir a Escola infantil, cuestións vencelladas a administracións supramunicipais e empresas ás que se lles dará debido traslado destas peticións. A concelleira de Participación Cidadá animou á veciñanza “a continuar asistindo a estas convocatorias e solicitar no caso de ser preciso a axuda da Escola de Participación Cidadá de Narón para poder presenciar as sesións vía telemática, porque debido ás actuais restricións a asistencia presencial é limitada”. As persoas que queiran contactar coa Escola de Participación poden facelo a través do número de teléfono 603 865 413 ou do correo electrónico: escolaparticipacion@naron.es.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal