Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA INTERXENERACIONAL "MESTRES DA VIDA" CHEGA A NOVOS BARRIOS DE NARON
Estos días estará en A Solaina, O Alto, A Gándara e Piñeiros
Narón, 20 de Outubro de 2009.- A Concellería de Persoas Maiores de Narón, ó fronte da cal está Mª del Carmen Espada, ven de convocar catro novas edicións do programa “Mestres da Vida”, iniciado o pasado 14 de outubro na praza Alvaro Paradela (Freixeiro) co obxectivo de transmitir xogos e valores interxeneracionais ós máis novos. De iso ocúpanse un grupo de persoas maiores, acompañados de educadores sociais que os estiveron formando nesta actividade dende o pasado mes de xaneiro. O calendario previsto é o seguinte: Xoves 22 de outubro: Praza de A Solaina (ás 18:00 horas). Venres 23 de outubro: Praza de Galicia (ás 18:00 horas) Xoves 29 de outubro: Praza de A Gándara (ás 17:30 horas) Venres 30 de outubro: Praza de Piñeiros (ás 17:30 horas) No caso de choiva, as actividades trasladaranse ós locais sociais destos barrios excepto a convocatoria da Praza de Galicia, que trasladaríase á Casa da Cultura. “Mestres da vida” nace coa idea de coñecer e compartir da man dos protagonistas a historia de Narón. As explicacións compleméntanse con obxectos antigos, revistas, e documentos de épocas pasadas. O programa está pensado para sensibilizar á xuventude sobre a importancia da convivencia interxeneracional, e promover a participación das persoas maiores na educación formal da infancia e mocidade a través desta iniciativa, que se ofertará como actividade extraescolar nos colexios de Narón. As actividades incluidas neste obradoiro divídense en tres tipos: relato de vivencias personais, da infancia e mocidade en Narón, por parte das persoas maiores; difusión de contos tradicionais, explicados coa tranquilidade e o misterio que sólo as experiencias vividas aportan; e realización de xogos típicos doutros tempos coma a chave, o tiro de corda, o corte con tronzador, a rá, e a casiña.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal