Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PRAZO PARA COMUNICAR A REALIZACIÓ DE FOGUEIRAS NA LOCALIDADE COINCIDINDO COAS FESTIVIDADES DE SAN XOÁN E SAN PEDRO
As comunicacións deben realizarse telefonicamente dende o vindeiro luns, día 7, ata o 21 de xuño, de luns a venres entre as 10.00 e as 13.00 horas
Narón, 3 de xuño de 2021. Os veciños e veciñas que vaian a realizar unha fogueira en Narón coincidindo coas festividades de San Xoán ou San Pedro deberán comunicalo ao Concello chamando ao número de teléfono 664 668 520 en horario de 10.00 a 13.00. As comunicacións poderán facerse a partir do vindeiro luns, día 7 e ata o día 21 de xuño –de luns a venres- en horario de 10.00 a 13.00. Así se recollerá nun bando asinado pola alcaldesa, Marián Ferreiro, e que a partir de mañá se publicitará tamén na web municipal e no Facebook do Concello. As persoas solicitantes deben facilitar o nome, apelidos, enderezo e DNI da persoa responsable da lumieira, así como a ubicación da mesma. No caso dos establecementos de hostalería terán que solicitar tamén permiso no caso de realizalas e comprometerse en todos os casos a cumprir a normativa da covid-19. En canto ás medidas de seguridade que deberán cumprir están tamén situar a cacheira a unha distancia mínima de 25 metros das vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos e telecomunicacións ou zonas vexetais que poidan arder. Non se permite a queima de residuos tóxicos nin perigosos –como pneumáticos, plásticos, aceites…-, as fogueiras deberán estar vixiadas ata a súa total extinción e contar con medios para poder apagalas axeitados ás súas dimensións e en caso de vento que poida dificultar a vixilancia e extinción da mesma deberán suspenderse ou apagarse de inmediato. A maiores, deben permanecer vixiadas ata a súa total extinción, que se deberá asegurar empapando os restos con auga. Desde o Concello recórdase que se poderán acender a partir das 20.00 horas, debendo extinguilas antes das 3.00 e a obrigatoriedade de garantir a limpeza de residuos ao día seguinte, así como a necesidade de alertar ao servizo de emerxencias do 112 ante calquera posible incidencia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal