Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EDIL DE BENESTAR SOCIAL PARTICIPOU NA REUNIÓN DA PRESENTACIÓN DA "ESTRATEXIA GALEGA DE ATENCIÓN Á SOIDADE NON DESEXADA"
A edil Catalina García informou no transcurso da xuntanza, que se celebrou vía telemática, sobre os servizos que se ofrecen dende Narón ao colectivo
Narón, 4 de xuño de 2021. A Dirección Xeral de Maiores e Discapacidade convocou unha reunión para informar aos concellos sobre a Estratexia Galega de Atención á soidade non desexada, presentando un borrador desta iniciativa. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, participou telemáticamente na convocatoria xunto con persoal técnico municipal, e plantexou a situación do Concello naronés. García explicou que na cidade, con preto de 40.000 habitantes, viven actualmente soas 5.008 persoas, do total, 1.962 teñen máis de 65 anos. A edil apuntou na xuntanza que “na cidade a programación que temos para o colectivo está enfocada para xa para os maiores de 60 aos que ofrecemos numerosas actividades vencelladas coa memoria, o manexo de teléfonos móbiles, o uso das novas tecnoloxías, ximnasia…”. En canto aos servizos ofrecidos nomeou tamén García a participación do Concello no programa “Xantar na casa”, teleasistencia ou o Servizo de Axuda a Domicilio, entre outros. A maiores, avanzou que “imos realizar un censo de persoas maiores de 60 anos que viven soas, para analizar as necesidades que poidan plantexarse en cada caso e detectar deste xeito cales se atopan nunha situación de maior vulnerabilidade ou soidade, tal e como se reflicte na Estratexia galega de atención á soidade non desexada”. Co fin de colaborar na difusión dos servizos dirixidos ás persoas maiores recordou tamén García que a Xunta habilitou un teléfono de escoita activa a persoas que viven en soidade, con atención totalmente anónima e que non queda reflectido quen chama, o 903 333 666. Finalmente a concelleira de Benestar Social asegurou que “é moi importante que a Xunta plantexe a elaboración dun plan a nivel galego para atender a persoas que se atopan nesta situación en tódolos concellos pero tamén é moi importante que esta iniciativa veña acompañada dos correspondentes orzamentos para que os concellos poidan levala a cabo”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal