Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E EDÍS DA CORPORACIÓN LOCAL REUNÍRONSE NO CONCELLO CON DIEGO TAIBO, DEPUTADO SOCIALISTA NO CONGRESO
No transcurso da xuntanza os representantes do goberno local trasladáronlle a Taibo varios asuntos de interese para a cidade
Narón, 5 de xuño de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos Ibán Santalla, xunto co portavoz do PSOE de Narón, David Pita e os edís de Sanidade e Medio Ambiente, Santiago Galego, e Benestar Social, Catalina García, reuníronse na tarde de onte no Concello co deputado socialista no Congreso Diego Taibo. No transcurso da xuntanza os representantes do goberno local naronés plantexaron a Taibo diversos asuntos de interese para a cidade. Un dos temas que trataron na reunión foron os problemas que dende hai varios anos se rexistran na cidade e na comarca en xeral co servizo ferroviario de vía estreita. A escasez de frecuencias, a falta de puntualidade nos horarios, as reiteradas avarías na vía estreita e outros aspectos relacionados coas infraestruturas, que se abordaron en varias sesións dos Consellos Territoriais que dende o pasado mes de maio se celebran na zona urbana e rural da cidade, trasladáronse a Taibo. O deputado comprometeuse a establecer contactos con diferentes organismos para trasladar estas deficiencias. A situación actual da ría e os polígonos industriais de Narón foron outros dos asuntos abordados con Taibo, que se ofreceu para presentar iniciativas no Congreso sobre os temas abordados e tamén sobre outras problemáticas que considere o goberno local. A alcaldesa e os edís que se reuniron co deputado socialista agradeceron a súa visita ao Concello naronés e tamén a súa boa disposición para trasladar ao Congreso asuntos que afectan á cidade e tamén a outros concellos da comarca.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal