Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS CONSELLOS TERRITORIAIS REMATARÁN ESTA SEMANA COS PROGRAMADOS EN SANTA ICÍA E DOSO
A accesibilidade e infraestruruas como a liña de FEVE ou as frecuencias nas liñas de autobuses foron os temas máis abordados nestas xuntanzas, tal e como indicou a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García
Narón, 8 de xuño de 2021. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, recordou que esta semana rematará o ciclo dos Consellos Territoriais que dende o pasado 10 de maio se celebran tanto na zona urbana como rural do municipio. A edil naronesa avanzou que mañá terá lugar o programado en Santa Icía –no local social de Virxe do Mar ás 19.00 horas- e na xornada do xoves, día 10, será o de Doso –no local social da parroquia, tamén ás 19.00 horas-. As persoas que desexen inscribirse previamente poden facelo a través do correo: escolaparticipacion@naron.es ou do número de teléfono 603 865 413 e tamén se pode solicitar asistencia online a través da citada dirección electrónica. “Debido á actual situación sanitaria a asistencia presencial nos locais está limitada, polo que a participación abriuse vía telemática ofrecendo ás veciñas e veciños a axuda necesaria para conectarse a través da propia Escola de Participación Cidadá de Narón”, asegurou García. A concelleira animou á veciñanza tanto de Santa Icía como de Doso a acudir a estas convocatorias “para poder abordar conxuntamente os temas que consideren do seu interese sobre estas zonas da cidade”. Dende o pasado 10 de maio celebráronse doce Consellos de Participación Cidadá, onde os temas principais estiveron relacionados coa accesibilidade e con infraestruturas como a liña de tren de FEVE ou as frecuencias dos autobuses.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal