Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA PRESENTOU HOXE O PROXECTO DO PARQUE CUBERTO DA PRAZA 23 DE NOVEMBRO
Marián Ferreiro deu a coñecer o proxecto que permitirá cubrir a zona cunha estrutura con forma hexagonal e que suporá un desembolso de preto de 245.000 euros
Narón, 9 de xuño de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou hoxe o proxecto do parque cuberto da praza 23 de Novembro, na Gándara, nunha convocatoria á que asistiron representantes da entidade veciñal do barrio. A rexedora local estivo tamén acompañada no acto, que se desenvolveu na citada ubicación, polo edil de Servizos, Ibán Santalla e o de Obras, Pablo Mauriz. Ferreiro destacou que se trata “dunha actuación sobre a que hai un tempo que estamos traballando e que finalmente se levará a cabo cun investimento municipal que ronda os 245.000 euros”. En canto á reforma que se vai executar a alcaldesa explicou que se decidiu facer nese parque por estar nunha zona resgardada do vento, ao ter edificios moi próximos, e “na que terá mellor acollida un proxecto destas características”. Os traballos consistirán na construción dunha estrutura sombreada cun total de seis pezas hexagonais, unidas entre si e que semellan un paraugas invertido, tal e como explicou Ferreiro. Así mesmo, indicou que “a cuberta será dun material transparente, o que contribuirá a manter a iluminación natural dese espazo e tamén realizada de tal xeito que nos permitirá no caso de que sexa necesario ampliala”. A maiores esa iluminación reforzarase con tiras led que se anclarán á propia estrutura. A rexedora local avanzou que os elementos de xogo renovaranse na súa totalidade e reubicaranse en función das necesidades que se plantexen para materializar esta actuación. En canto ao chan, será de caucho de colores e tamén terá formas hexagonais, nunha simulación ao deseño da cuberta. “Ao tratarse dun espazo rodeado de vexetación e árbores, co fin de lograr unha maior integración paisaxística, tamén se plantarán flores e outras especies decorativas para tapar as columnas que suxetarán a cuberta”, apuntou a rexedora local. Os representantes veciñais que acudiron á convocatoria valoraron positivamente o proxecto e destacaron que se trata dunha praza moi concurrida ao estar nunha zona donde residen moitas familias con nenas e nenos pequenos. A previsión actual é licitar en canto sexa posible os traballos para que poidan iniciarse nos vindeiros meses e estar rematados a finais deste mesmo ano, tal e como indicaron os representantes do goberno local. A alcaldesa subliñou que “dende o Concello se continúan ampliando e mellorando as zonas de lecer e o proxecto que hoxe presentamos é unha mostra máis dese compromiso que mantemos e que nos permitirá contar dentro duns meses co primeiro parque cuberto na cidade”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal