Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA VIÑETAS NO CAMIÑO CHEGOU HOXE A NARÓN CON "PARADAS ILUSTRADAS" NO MOSTEIRO DO COUTO E NO MUÍÑO DE AS ACEAS
Os ilustradores Carmen Martín e Leandro Lamas realizaron dous debuxos nas paradas de Narón, ata as que se desprazaron a alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 12 de xuño de 2021. O Concello de Narón sumouse ao programa “Viñetas no Camiño: unha ollada patrimonial ao Camiño Inglés en Ferrolterra” organizado polo Consistorio de Fene e a Xunta de Galicia –iniciativa “O teu Xacobeo”- e a través do que se programou a “Andaina debuxada”, unha iniciativa na que participaron recoñecidos ilustradores e ilustradoras que ao longo do tramo do Camiño Inglés crearon as súas propias obras. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, reuníronse nas dúas “paradas ilustradas” da cidade con dous dos artistas que participaron nesta convocatoria realizando debuxos en vivo e conversaron tamén co alcalde fenés, Juventino Trigo, que tamén se reuniu cos artistas nas citadas “paradas ilustradas”. Nas inmediacións do mosteiro de San Martiño de Xuvia, no Couto, estivo entre as 12.20 e as 12.50 aproximadamente a ilustradora Carmen Martín e dende as 13.45 ata as 14.15 nas proximidades do muíño de As Aceas estivo traballando o ilustrador Leandro Lamas. Unha guía explicaba ás persoas que realizaron a ruta –que partiu de Ferrol e remata esta tarde en Fene, tras pasar por Narón e Neda- o traballo que realizaban as ilustradoras e ilustradores que estaban nas “paradas ilustradas” de cada concello, entre os que a maiores dos de Neda tamén participaron Elga Fernández, Blanca Escrigas, Carlos Silvar, Cristian F. Caruncho e Xaquín Marín. O paseo marítimo de Xuvia foi o lugar elixido polo Concello de Narón para expoñer dentro dunhas semanas unha figura con forma de cubo e decorada cunha selección dos traballos realizados na “Andaina debuxada”. A actividade enmárcase nos actos promocionais do Xacobeo 21-22 e a maiores do percorrido da ruta do Camiño Inglés de hoxe entre Ferrol e Fene inclúe ademais unha segunda xornada entre Fene e Pontedeume, na que tamén participarán varios artistas. Ferreiro asegurou que a iniciativa “permite contribuír a poñer en valor o patrimonio desta ruta e, ao mesmo tempo, o traballo das ilustradoras e ilustradores que se sumaron a esta convocatoria”. Así mesmo, incidiu na importancia de “poder participar xunto con outros concellos nunha proposta que tamén ten unha importante vertente turística”. o

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal