Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO AXILIZARÁ OS TRÁMITES PARA LICITAR OS TRABALLOS DO PROXECTO PARA HABILITAR OUTRAS 144 PRAZAS DE ESTACIONAMENTO XUNTO AO NOVO CENTRO DE SAÚDE
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou a colaboración entre administracións para ofrecer á cidadanía os mellores servizos públicos
Narón, 14 de xuño de 2021. O Concello de Narón iniciará os trámites para proceder a axilizar a contratación dos traballos do proxecto de acondicionamento do estacionamento que dará servizo ao centro de saúde do Alto. Así o manifestou hoxe a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, que indicou que se trata dunha actuación que permitirá ampliar as prazas que se habilitarán para estacionar no Camiño do Lodairo e, ao mesmo tempo, mellorar a seguridade viaria na zona. “Trátase dun proxecto orzamentado en 599.805 euros que pagará o Concello de Narón para habilitar un estacionamento alternativo con 144 prazas, das que catro se reservarán para persoas con mobilidade reducida e dúas para vehículos sanitarios”, indicou Ferreiro. En canto á distribución do mesmo, tal e como consta no proxecto, diferenciaranse unha zona de calzada, cun vial perimetral de circulación, outros interiores para circular nun único sentido, dous accesos e dúas pequenas glorietas para distribuír o tráfico entre os accesos e o vial perimetral. Tamén se habilitará unha zona peonil, zonas verdes interiores e no perímetro do aparcamento e un carril bici paralelo á estrada de Castela cun aparcadoiro para bicicletas. A alcaldesa recordou que “o Concello de Narón destinou a maiores 1,5 millóns de euros e ofreceu os terreos necesarios para que o novo centro de saúde poida ser canto antes unha realidade, xa que se trata dun servizo moi importante e necesario para as veciñas e veciños da cidade”. A Axencia Galega de Infraestuturas redactou o proxecto, aprobado no DOG de hoxe. “A colaboración das administracións é unha parte fundamental para poder ofrecer á cidadanía os mellores servizos públicos, algo que temos moi presente dende Narón e que se constata con proxectos como este ou a construción, que tamén asumiu o Concello, dunha rotonda na estrada de Castela –vial de titularidade da Xunta- á altura do Camiño do Lodairo, para dar maior fluidez ao tráfico rodado unha vez que estea operativo o novo centro de saúde, que esperamos que sexa ña maior brevidade”, asegurou a alcaldesa. Ferreiro avanzou que aprobado o proxecto do novo estacionamento “dende o Consistorio axilizaremos os trámites precisos para proceder a licitar esta actuación coa que esperamos que se cubra a posible demanda de prazas para estacionar na zona”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal