Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COLOCA 70 PICTOGRAMAS EN SUMIDOIROS A TRAVÉS DA INICIATIVA PRESENTADA POR ALUMNADO DO AYALA AOS CONSELLOS DE PARTICIPACIÓN INFANTIL
Os edís de Medio Ambiente, Santiago Galego, e Servizos, Ibán Santalla, presentaron a iniciativa xunto co alumnado de sexto de Primaria do Ayala
Narón, 21 de xuño de 2021. Os concelleiros de Medio Ambiente, Santiago Galego, e Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse esta mañá ao colexio Ayala xunto cos responsables do equipo de Educación Viaria do Concello, Pedro Caneiro e Sonia López, para asistir á colocación dun dos pictogramas que se están colocando xunto aos sumideiros de varios puntos da zona urbana. Trátase dunha iniciativa presentada por alumnado de sexto de Primaria do colexio Ayala aos Consellos de Participación Infantil organizados dende o Concello. En total colocaranse setenta pictogramas, dos que vinte e tres estarán na estrada de Castela e os restantes repartidos por diferentes barrios da zona urbana da cidade. O edil de Medio Ambiente explicou que “as ubicacións elixidas responden a aquelas zonas nas que detectamos un maior tránsito de xente, para darlles maior visibilidade”. Baixo o lema “Non tires residuos. Narón conecta co mar” a través desta iniciativa dos escolares “trasladamos unha mensaxe moi importante para que a xente coide e respecte o medio ambiente deixando de tirar residuos nos sumideiros para evitar que produzan danos na rede ou nos tanques de tormentas polos que pasan antes de ir a auga ao mar”, apuntou. O alumnado deste mesmo curso presentou tamén outra iniciativa nos Consellos de Participación Infantil que xa materializou o Concello, os dispensadores de bolsas para recoller excrementos caninos. En canto aos pictogramas, a previsión é que ao longo do día de hoxe queden xa colocados todos os que se ubicarán en sumidoiros da estrada de Castela. Galego e Santalla felicitaron aos impulsores destas dúas iniciativas e animáronos a continuar presentado as súas ideas ao Concello para contribuír, como neste caso, a concienciar á cidadanía sobre a importancia de coidar e respectar o medio ambiente.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal