Ofértanse clases de guitarra, batería e baixo. Tamén están disponibles as aulas de ensaio para grupos
Narón, 26 de Outubro de 2009.- A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida Rico, abriu hoxe o prazo de matrícula para a Escola de Música Moderna, ubicada na Casa da Mocidade (en A Gándara). Para este ano académico, ofértanse clases de guitarra, batería e baixo. Estas últimas son unha novidade respecto ó ano anterior, onde a Escola contabilizou perto de 40 matrículas de moz@s interesados en aprender a tocar un instrumento mediante clases máis informais que as do Conservatorio Oficial de Música, por exemplo.
Segundo explicou Natalia Hermida, as matrículas deberán realizarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (na 1ª pranta do Concello) en horario de mañá. O Concello agarda iniciar a vindeira semana as clases, e espérase chegar ós 50 alumnos/as inscritos. O prezo da matrícula é de 7,60 euros mensuais (por clases de dúas horas semanais) e o horario previsto é o seguinte:
Guitarra: luns e xoves de 17 a 19 horas
Batería: mércores de 16:30 a 18:30 horas
mércores de 18:30 a 20:30 horas
Baixo: martes de 18:30 a 20:30 horas
Estableceranse grupos (iniciación e perfeccionamento) en función do nivel dos alumnos/as.
Ademáis, a Concelleira de Mocidade tamén anunciou a apertura das aulas de ensaio para grupos noveis, nos seguintes horarios:
Martes de 20:45 a 22:15 horas
Mércores de 21:00 a 22:30 horas
Xoves de 19:15 a 20:45 horas e de 21:00 a 22:30 horas
Venres de 17:30 a 19:00 horas e de 19:15 a 20:45 horas
Sábado de 16:00 a 17:30, de 17:45 a 19:15, e de 19:30 a 21:00 horas
Os interesados nas aulas de ensaio deberán solicitalas tamén na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e o prezo é de 7,60 euros por unha hora e 15 minutos, a abonar por parte de cada grupo.