Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA UNHA PRAZA DE CONSERXE EN OPOSICIÓN LIBRE EN QUENDA DE DISCAPACIDADE
As persoas interesadas en presentarse dispoñen de vinte días naturais, contados dende hoxe, para presentar as instancias
Narón, 23 de xuño de 2021. O Concello convoca unha praza de conserxe (Grupo C, subgrupo C2, nivel 14) mediante un sistema de oposición en turno de reserva a discapacitados para a que se poden presentar solicitudes dende hoxe e durante os vindeiros vinte días naturais. Trátase dunha oposición libre en quenda de discapacidade para a que se esixe a titulación mínima de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente, tal e como se especifica no Boletín Oficial da Provincia do pasado 13 de abril, donde se publicaron as bases desta convocatoria. As persoas interesadas en presentarse, a maiores da instancia deben entregar unha fotocopia compulsada do DNI, unha fotocopia da titulación esixida, un xustificante de pago dos dereitos do exame –taxa de 17,21 euros- e unha certificación da minusvalía. O proceso selectivo constará de catro exercicios, un cuestionario de preguntas curtas, o desenvolvemento dun tema dos recollidos no programa, un ou varios supostos prácticos relacionados coas tarefas da praza, tamén especificadas no citado BOP do 13 de abril e, finalmente, a tradución dun texto ao galego (proba da que estarán exentas as persoas co título de Celga 3). As persoas interesadas poden presentar as solicitudes no Rexistro do Concello ou en calquera dos lugares contemplados na Lei 39/2015 do 1 de outubro (artículo 16.4) do procedemento común das Administracións Públicas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal