Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
INAUGURADO O PARQUE INFANTIL QUE O CONCELLO CONSTRUÍU NO LUGAR DE VILACORNELLE, NA PARROQUIA DO VAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, inauguraron as instalacións acompañados doutros edís da corporación local, representantes da entidade veciñal e un grupo de nenas e nenos
Narón, 2 de xullo de 2021. O novo parque infantil de Vilacornelle, na parroquia do Val, está dende esta mañá aberto á cidadanía. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse hoxe ata a zona para inaugurar as novas instalacións, nun acto ao que se convidou á Anpa do CRA, e ás entidades da parroquia. Xunto a veciñas e veciños da parroquia e representantes da corporación local, entre os que estaba o portavoz municipal do PP, Germán Castrillón, cinco menores da zona encargáronse de estrear os xogos instalados no parque. O Concello destinou unha partida duns 45.000 euros para acometer os traballos que permitiron habilitar este novo espazo de xogos nunha parcela municipal. Conta cunha tirolina, un columpio dobre e outro de serpe e unha vagoneta. A ubicación, xunto ao centro cívico social, a pista polideportiva da parroquia e unha ampla zona verde, permitirá ás veciñas e veciños desfrutar na parroquia dun amplo espazo de lecer. O pasado o Consistorio acondicionou tamén unha parcela de aproximadamente 2.000 metros cadrados xunto ao centro cívico social na que se instalaron mesas e bancos de pedra e plantáronse varias especies de árbores autóctonas. O parque que agora se está construíndo ofrecerá novas alternativas de ocio para as nenas e nenos nese mesmo entorno, ao estar integrado nesa área. “Continuamos traballando na mellora e ampliación dos espazos verdes e de lecer da cidade, tanto na zona urbana como na rural, para poñelos en valor e que poidan desfrutar deles as veciñas e veciños”, asegurou Ferreiro. A alcaldesa agradeceu a asistencia dos representantes da entidade veciñal e animou aos nenos e nenas que se desprazaron hoxe ao parque a estrealo. Os menores recibiron como agasallo de mans da alcaldesa e dos edís da corporación local alí presentes unha gorra e unha botella de auga reutilizable.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal