Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE ESTA SEMANA Á CIDADE
Ante a actual situación sanitaria recoméndase solicitar cita previa para doar, chamando -de balde- ao número de teléfono 900 100 828
Narón, 5 de xullo de 2021. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase este venres, día 9, e o sábado 10 á cidade, concretamente ás inmediacións do Centro Comercial Odeón, estacionando na avenida Cataluña. O venres poderase doar sangue en horario de tarde, entre as 15.30 e as 21.00 horas e o sábado durante a mañá, de 10.00 a 15.00, tal e como se indicou dende ADOS. Para poder doar sangue é preciso almorzar previamente e no caso de xantar esperar dúas horas antes da doazón. As persoas que acudan teñen que levar a tarxeta de doazón, DNI ou algún documento similar e informar ao médico no caso de que se estea tomando algún medicamento. Así mesmo, debido á actual situación sanitaria derivada da covid-19 recoméndase solicitar cita previa, chamando, de balde, ao teléfono 900 100 828.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal