Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA REUNIUSE ESTA MAÑÁ EN SANTIAGO COA DIRECTORA XERAL DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO E URBANISMO
Marián Ferreiro e o concelleiro de Urbanismo de Narón, Manuel Ramos, mantiveron unha xuntanza con Encarna Rivas para analizar os avances no novo PXOM da cidade
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2021.- A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, reuniuse esta mañá coa directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarna Rivas, para analizar en que punto da tramitación se atopa o futuro PXOM do municipio e tentar axilizar na medida do posible a súa aprobación inicial. Durante a xuntanza, á que tamén asistiu o concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, a rexedora expuxo varios aspectos puntuais relacionados co Plan e tamén a posibilidade de realizar algunhas modificacións no contido do mesmo co fin de mellorar o documento. Pola súa parte, Encarna Rivas ofreceulles a máxima colaboración da Consellería para resolver calquera dúbida e axilizar no posible os trámites pendentes que dependan da Xunta. Neste sentido, o último paso que debe dar o Concello para aprobar de forma inicial o PXOM é solicitar á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático que ratifique a vixencia do documento de alcance emitido no ano 2017. A este respecto, a alcaldesa valorou a boa disposición da Xunta para analizar conxuntamente esas cuestións para dende o Concello continuar avanzando de cara á aprobación deste documento “tan importante para a cidade e que permitirá determinar as liñas de crecemento futuro” da mesma. Cómpre lembrar que o Concello de Narón se rexe actualmente polo PXOM aprobado en 2002 e que traballa co obxectivo de dotarse dun novo documento de ordenación, adaptado e acorde á normativa urbanística vixente na Comunidade. De feito, a Xunta concedeulle a este municipio unha subvención de 276.000 euros para redactar o seu Plan Xeral. Nestes momentos, as dúas primeiras fases —correspondentes coa sinatura do contrato de redacción e a presentación do documento de inicio— xa foron aboadas, e quedan pendentes outras tres, que se irán facendo efectivas a medida que o documento avance na súa tramitación.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal