Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ESCOLA DE PARTICIPACIÓN RETOMARÁ A ACTIVIDADE EN SETEMBRO COA XORNADA "O TERRITORIO FACÉMOLO NÓS"
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, avanzou que a convocatoria se dirixe á cidadanía en xeral, especialmente ao tecido asociativo
Narón, 31 de xullo de 2021. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, anunciou que a Escola de Participación Cidadá de Narón retomará no mes de setembro a súa actividade –na tempada estival non está operativo o servizo de atención cidadá presencial- coa xornada “O territorio facémolo nós”. A edil naronesa indicou que é unha proposta dirixida a toda a cidadanía, especialmente ao tecido asociativo, e que se concibe a modo de “xornada de convivencia e aprendizaxe”, ao tempo que agradeceu a colaboración da AVV Altea de Xuvia e da ANPA do CEIP Ponte de Xuvia. A convocatoria desenvolverase os días 10 e 11 de setembro en Xuvia. O primeiro día haberá un faladoiro sobre “As comunidades na planificación do espazo público” –de 18.00 a 20.00 horas no CEIP Ponte de Xuvia-. O politólogo e técnico no grupo de investigación RedeRevolta da USC Fran Quiroga e representantes da Asociación Veciñal de Canido, que promoveron unha horta comunitaria no citado barrio ferrolán, intervirán neste primeiro faladoiro, que pechará cun debate aberto á participación dos asistentes. O 11 de setembro terá lugar a parte práctica, na que os participantes experimentarán un pequeno proceso participativo en relación ao territorio, “Do desexo ao deseño urbano: obradoiro camiñado”. A xornada comezará cun paseo guiado ás 11.00 horas pola beira da ría, ao que seguirá un obradoiro de elaboración de maquetas, dirixido a todos os públicos, para que recollan os soños e desexos da veciñanza para este espazo. “Apostamos por impulsar a través desta convocatoria un espazo de encontro, convivencia e formación co que marcar o inicio do curso escolar”, apuntou a edil de Participación Cidadá. Así mesmo, recordou que as persoas que desexen asistir deben anotarse previamente, de balde, a través do formulario dispoñible en: i.gal/territorionaron. No caso de ter algunha dúbida sobre esta xornada ou querer solicitar máis información pódese chamar ao teléfono da Escola de Participación Cidadá de Narón: 603 865 413 ou escribir un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal