Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ASINADOS OS CONVENIOS DE COLABORACIÓN COA CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL E A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS FERROLTERRA
O alcalde accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, rubricou os acordos cos representantes de Cofer e da AEF, Cristóbal Dobarro e Ángel Torreiro, respectivamente
Narón, 3 de agosto de 2021. O alcalde accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, asinou esta mañá os convenios de colaboración do Concello coa Confederación de Empresarios Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer) e coa Asociación de Empresarios Ferrolterra (AEF), por un importe que en conxunto ascende a 18.000 euros. Sánchez Fojo destacou o labor que no ámbito empresarial levan a cabo estas dúas asociacións e recalcou a importancia de continuar respaldándoas dende a administración local “para seguir apostando pola implantación de novas empresas en Narón e tamén por ofrecerlles ás que están operativas actividades e servizos de calidade”. Sánchez Fojo rubricou o convenio de Cofer con Cristóbal Dobarro, representante da citada entidade, coa que o Concello formaliza o compromiso de realizar actuacións de interese xeral encamiñadas a potenciar e desenvolver o tecido empresarial. Deste xeito, conxuntamente, levaranse a cabo iniciativas e actividades que contribúan a dinamizar a economía e a cultura empresarial e tamén se implantarán medidas para paliar os efectos da covid-19. Entre as mesmas figuran, tal e como se recolle no acordo, accións para promover a creación de emprego e o asentamento empresarial na cidade e formar e informar a traballadores/as en activo e directivos de empresas para que manteñan actualizados os seus coñecementos. Así mesmo, o alcalde accidental de Narón asinou tamén o convenio de colaboración coa Asociación de Empresarios Ferrolterra (AEF) con Ángel Torreiro como representante da entidade. A través deste acordo realizaranse actividades e colaborarase en actuacións para impulsar e fomentar a actividade empresarial e a creación de novas empresas en Narón. Dende AEF facilitarase ao Concello información coa que deseñar actuacións que propicien o establecemento e consolidación de actividades empresariais, tamén información actualizada dos polígonos industriais de Narón e deseñaranse políticas públicas para a promoción do desenvolvemento económico axeitadas á actividade empresarial.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal