Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O 1 DE SETEMBRO O PRAZO PARA PRESENTAR IMAXES AO "XII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN"
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, anunciou que as persoas interesadas en participar poden facelo ata o 15 de setembro
Narón, 10 de agosto de 2021. O Concello abrirá o 1 de setembro –ás 08.30 horas- e ata o vindeiro 15 de setembro –ás 13.00 horas- o prazo para presentar no Rexistro do Concello imaxes á duodécima edición do “Concurso de Fotografía Cidade de Narón”. Así o anunciou a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, que indicou que as bases do certame ao completo se poden consultar a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/Bases-XI-Concurso-de-Fotografia-Cidade-de-Naron.pdf. Poden participar, de balde, todas as persoas maiores de idade que o desexen. A edil naronesa recordou que se entregarán tres premios, de 750, 300 e 150 euros á primeira, segunda e terceira fotografía, respectivamente, mellor valoradas por un xurado especializado que se encargará de puntualas atendendo aos criterios establecidos nas bases. As fotografías deben amosar a riqueza de Narón, podendo centrarse a súa temática en varios campos: humano e social –ámbito veciñal, deportivo, industrial, festas populares…-; espazos naturais de interese, de lecer, culturais e tecnolóxicos ou patrimonio monumental, arqueolóxico e etnográfico. O lugar ou entorno debe ser do concello de Narón e recoñecerse como tal na imaxe presentada. Cada participante poderá presentar como máximo tres imaxes, en cor ou branco e negro, que deben cumprir todos os requisitos estipulados nas bases da convocatoria. Á hora da puntuación das fotografías o xurado valorará cun máximo de dez puntos tres criterios: o impacto visual, a calidade técnico artística e a creatividade. As doce imaxes que reciban maior puntuación ilustrarán, como cada ano, o calendario de sobremesa que editará o Concello de Narón para o ano 2022. As persoas interesadas en recibir información adicional sobre este concurso de fotografía poden dirixirse aos correos electrónicos: am.veiga@naron.es e a.fernandez@naron.es ou chamar aos números de teléfono: 981 337 700 (extensións: 1502 e 1517).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal