Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PUBLICADA NO BOP A RESOLUCIÓN DA APROBACIÓN DA XUSTIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS DO PEL-REACTIVA
A Tesourería Municipal comprobará antes do pago das subvencións que as persoas e empresas beneficiarias están ao corrente cos deberes tributarios co Concello
Narón, 12 de agosto de 2021. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou hoxe a resolución da aprobación da xustificación de subvencións concedidas ao abeiro do programa PEL-Reactiva. Unha vez presentadas as pertinentes facturas xustificativas por parte dos/as beneficiarios/as destas axudas, procedeuse á súa comprobación para emitir a xustificación final, que pode consultarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón –sedeelectronica.naron.es- no Taboleiro de anuncios e no Catálogo de Servizos. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de resolución no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, a partir de mañá venres. Tras esta publicación no BOP a Tesourería Municipal comprobará antes do pago das pago de subvencións que as persoas e empresas beneficiarias están ao corrente coas obrigas tributarias co Concello.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es