Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CREA UNHA GUIA DO COMERCIO DE NARON ACCESIBLE DENDE A REDE
Inclúe o enderezo de máis de 70 establecementos comerciais do municipio.
Narón, 17 de Novembro de 2009.- A Concelleira de Promoción Económica do Concello de Narón, Angeles Díaz Pardo, presentou hoxe en rolda de prensa a Guia do comercio de Narón, elaborada pola administración local co fin de dar a coñecer a oferta comercial do municipio. “Queremos que sexa un escaparate aberto do comercio de Narón, poñelo a disposición dos comerciantes para que difundan a súa actividade” sinalou a edila. A Guía do Comercio de Narón está dispoñible en formato web, no seguinte enderezo: http://guiacomercio.naron.es/. Nesta publicación se clasifican os establecementos comerciais do municipio nas seguintes categorías: animales, alimentación, automoción, clínicas dentales, cocina e baño, deportes-caza e pesca, droguería e perfumería, ferretería-electricidade-carpinteiría-, hostaleria e restauración, inmobiliaria e construcción, librería, mercerías, mobles e decoración, ópticas, perruquería, publicidade e impresión, textil, viaxes, xoieria e floristería. O menú da páxina consta de sete sección diferenciadas que son as seguintes: inicio (inclúe un calendario laboral do ano 2009), guía do comercio (onde figuran os datos dos comercios coma o nome, enderezo e logotipo), novas, rexistro de empresa (formulario para os establecementos que desexen ser incluidos aquí), canal do comercio de Narón (videos dos eventos organizados pola Concellería de Promoción Económica, coma campañas de apoio ó comercio ou a Gala do Comercio de Narón), fotos, e enlaces a páxinas relacionadas coa actividade comercial. “Pretendemos que sexa unha páxina viva e en contínuo crecemento”, declarou a Concelleira de Promoción Económica respecto ó novo servizo público.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal