Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ OS DÍAS 19, 20 E 21 DE AGOSTO NA CIDADE
As persoas que acudan a doar poderán reservar cita previamente chamando de balde ao número de teléfono 900100828
Narón, 16 de agosto de 2021. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) permanecerá ao carón do novo Centro de Saúde o xoves 19 de agosto en horario de 9.30 a 14.30 horas e de 15.30 a 21.00 horas e o sábado 21 de agosto, nesa mesma ubicación, entre as 10.00 e as 15.00 horas. O venres, 20 de agosto, a unidade móbil situarase nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina, entre as 15.30 e as 21.00 horas. As persoas que acudan a doar poderán reservar cita previamente chamando –de balde- ao número de teléfono 900100828. Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal