Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INCORPORA A NOVE PERSOAS PERCEPTORAS DA RISGA PARA REALIZAR OBRAS E SERVIZOS NOS VINDEIROS MESES
Esta iniciativa posibilita a adquisición dunha experiencia práctica que ofrece ás persoas participantes unhas garantías de cara á súa inserción no mercado laboral
Narón, 17 de agosto de 2021. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, informou da contratación dun total de nove persoas en situación de risco ou exclusión social perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (Risga) e que xa están desenvolvendo diferentes labores na cidade. O edil manifestou a benvida aos homes e mulleres que, na primeira xornada, recibiron formación en Prevención de Riscos Laborais para traballar xa nas áreas que lles foron asignadas durante os vindeiros nove meses, período de duración destes contratos. Ademáis incidiuse na importancia de “cumprir todas as medidas hixiénicas e de seguridade establecidas para a prevención do coronavirus, facendo uso do material que se lles proporcionará dende o Concello”. “Estas persoas realizarán traballos de desbroces, traslado e mantemento de mobiliario, mantemento de edificios municipais e colexios de educación infantil e outros traballos complementarios, e unha delas exercerá como capataz do grupo, organizando o labor diario de cada persoa”, explicou Santalla. Os custes salariais destes contratos asúmeos a administración autonómica, con competencias nesta área, debendo estar vencellados á realización de obras e servizos de interese xeral e utilidade social, tal e como figura na convocatoria do Diario Oficial de Galicia. O Concello de Narón acóllese cada ano á citada convocatoria, “entendendo que é unha iniciativa que promove a inserción laboral dun colectivo moi concreto e que, na última convocatoria, rematou para varias persoas coa consecución dun emprego a máis longo prazo”, apuntou Ibán Santalla.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal