Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O DÍA 1 DE SETEMBRO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO OBRADOIRO DE ROBÓTICA EDUCATIVA I E II
O número de prazas por grupo adaptaranse ás medidas de prevención específicas establecidas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivadas da COVID-19 na comunidade autónoma de Galicia
Narón, 23 de agosto de 2021. O Obradoiro de Robótica, un dirixido a alumnado de 8 a 11 anos (Robótica I) e outro dirixido a alumnado de 12 a 14 anos (Robótica II), trátase dun obradoiro de robótica educativa que presenta a tecnoloxía aos nenos e nenas dunha forma lúdica, onde a aprendizaxe se realiza a través do xogo. É unha actividade innovadora e divertida deseñada para desenvolver as competencias e habilidades precisas para afrontar os desafíos do século XXI co obxecto de fomentar no alumnado a adquisición de habilidades fundamentais para o seu desenvolvemento persoal: creatividade, resolución de problemas, cooperación, traballo en equipo, autoconfianza, razoamento lóxico, analítico, pensamento crítico, etc. As datas de celebración serán de outubro de 2021 a maio de 2022 e o lugar de impartición a Casa da Mocidade na Gándara. Constarán dunha sesión semanal de 1h e 30 minutos de duración en horario extraescolar. Algúns dos contidos no Obradoiro de Robótica serán: - Aprender conceptos básicos de programación por bloques utilizando programas como: Scratch Junior, Lego Wedo 2.o e Makecode de Microsoft. - Crear videoxogos en 2D utilizando a plataforma Arcade/Makecode de Microsoft -Programar drons intelixentes Parrot Mambo para que realicen tarefas sinxelas utilizando a programa por bloques Tynker. - Comprender o funcionamento dun ordenador. Sistema binario e linguaxes de programación. -Coñecer o funcionamento dos circuítos eléctricos. Realizar proxectos de reciclaxe utilizando materiais de refugallo mesturándoos con placas programables como Playgroundexpress. - Construción e programación dun robot con Lego Wedo 2.0 interpretando planos As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica, no rexistro municipal, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Narón. As persoas interesadas poderán obter máis información no Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón, 1ª planta, e no teléfono 981337700 ext. 1111/1108/1109

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal