Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE JÓVENES EMPRESARIOS DE FERROL, EUME E ORTEGAL
Marián Ferreiro e Luis González rubricaron esta mañá no Concello o acordo que permitirá desenvolver un "Programa de asesoramento post covid" dirixido a empresarios/as e emprendedores/as da cidade
Narón, 9 de setembro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou esta mañá con Luis González, presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrol, Eume e Ortegal, un convenio de colaboración que permitirá desenvolver un “Programa de asesoramento post covid”. No acto estivo tamén presente o concelleiro de Promoción Económica da cidade, David Pita. O Concello realizará unha achega económica de 5.000 euros. Ferreiro explicou que o programa a levar a cabo en colaboración con AJE se dirixirá a empresas do concello afectadas polo impacto económico derivado da declaración do estado de alarma, tal e como se recolle no documento, coa finalidade de “promover e apoiar o emprendemento”. “Os emprendedores e emprendedoras e tamén os empresarios e empresarias de Narón que tiveron que suspender ou aprazar actividades económicas e empresariais tras debido á pandemia son os destinatarios deste programa, que ofrecerá unha serie de asesoramento de técnicos profesionais especializados en xestión empresarial de cara a buscar solucións que lles permitan mellorar a súa situación económica”, recalcou a alcaldesa. Captación de financiamento e xestión financieira, Ertes, temas laborais e fiscais, plans de continxencia, teletraballo, procesos de contratación de persoal… son algunhas das áreas sobre as que se ofrecerá asesoramento, tal e como se recolle no convenio. O presidente de AJE agradeceu a colaboración, un ano máis, do Concello naronés para continuar desenvolvendo importantes e necesarios proxectos de apoio ao sector empresarial.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal