Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A FESTA DO APEGO LEVARÁ ESTE MES AO PARQUE DO RÍO FREIXEIRO TRES ESPECTÁCULOS PARA PÚBLICO FAMILIAR E INFANTIL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, presentaron o programa que se desenvolverá o vindeiro 18 de setembro
Narón, 9 de setembro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, presentaron unha nova edición da Festa do Apego, que terá lugar o 18 de setembro no parque do río Freixeiro. “Trátase dunha proposta que ten unha excelente acollida entre as nosas veciñas e veciños, que se dirixe a menores de 0 a 6 anos e as súas familias e que se concibe como unha oportunidade para participar en varias actividades, todas elas de balde”, explicou Ferreiro. A primeira das citas do programa é “Arrolos”, de Mamá Cabra, con dous pases, o primeiro ás 12.00 e o segundo ás 17.00 horas. Gloria Mosquera e Diego Maceiras protagonizarán un pequeno obradoiro no que interpretarán e ensinarán ás familias algúns arrolos para adormecer, aleitar e gozar coa música nos primeiros días e meses de vida das nenas e nenos. O obxectivo é transmitir o gusto pola música aos menores dende a primeira infancia, comezando nas voces das súas familias coas que comparten estas cancións para arrolar en galego. Ao mediodía e pola tarde continuará a Festa do Apego 2021 co espectáculo “Arrieira”, de Xarope Tulú. Ás 13.00 e ás 18.00 horas unha narradora e un músico farán viaxar aos asistentes a través do conto tradicional, poñendo neste caso de manifesto a importancia do camiño como aprendizaxe e punto de encontro das persoas que o atravesan. A última das propostas do programa deste ano dará comezo ás 19.00 horas. “Rockeando con Ramona Órbita”, de Pakolas, é un concerto no que se poderá escoitar a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas e ten tamén unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado procurando tecnoloxía para crear un mundo mellor, máis ecolóxico e con enerxías limpas. As representantes do goberno local animaron ás veciñas e veciños a acudir a esta nova edición da Festa do Apego para desfrutar dos espectáculos que se poderán ver durante todo o día e compartir un tempo de lecer con amizades e familias.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal