Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE A VINDEIRA SEMANA A XUVIA E AO ALTO
O vehículo estará estacionado o luns 13 nas inmediacións do xulgado de Paz, en Xuvia, e o martes e o mércores xunto ao novo centro de saúde
Narón, 10 de setembro de 2021. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase a vindeira semana á cidade. O vehículo permanecerá o luns 13 nas inmediacións do xulgado de Paz, en Xuvia, dende as 9.30 ata as 14.30 horas. Na xornada do martes e o mércores estará nas inmediacións do novo centro de saúde do Alto, os dous días dende as 9.30 ata as 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas. As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para poder facelo. Teñen que levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento. Dende ADOS indicaron que debido á actual situación pódese reservar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es