Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O VINDEIRO MARTES O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE MONTAXE DE ESTADAS MULTIDIRECCIONAIS
A edil de Formación, Natalia Hermida, destacou o elevado índice de inserción da anterior edición, que está a ser practicamente do cen por cento
Narón, 10 de setembro de 2021. O Concello abrirá o vindeiro martes, día 14 ás 8.30 horas, o prazo de inscrición nun novo curso de Montaxe de estadas multidireccionais. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, indicou que se convocarán un total de once prazas que se dirixen a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón. Esta acción formativa, cun total de 140 horas, impartirase no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, entre o 28 de setembro e o 2 de novembro –de 9.00 a 15.00 horas en aula, de luns a venres-. No curso abordaranse, entre outros, contidos como: conceptos básicos de prevención de riscos, tipos de estadas existentes, actividades necesarias para asegurar a estabilidade e solidez das estadas, montaxe e desmonte de estadas multidireccionais, traballos en altura e en espazos confinados… O pasado mes de agosto a rexedora local, Marián Ferreiro, e a edil de Formación reuníanse con Enrique Mallón, secretario da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías asociadas e representantes das empresas Neosic, Galictio e Kaefer co fin de informar á cidadanía sobre a elevada inserción laboral que están acadando os cursos de montaxe de estadas multidireccionais. Mostra diso é o feito de que o Concello estea convocando unha segunda edición, despois de que a anterior “estea a ter unha inserción laboral de practicamente o cen por cento”, tal e como apuntou Hermida. A edil naronesa recalcou que “é un curso relativamente curto en canto ao prazo da formación e cun contido moi práctico que, a maiores, conta coa vantaxe da elevada demanda das empresas do sector que se localizan na comarca”. As persoas interesadas en inscribirse neste curso poden facelo ata o 21 de setembro ás 13.00 horas no Rexistro Xeral do Concello –de 8.30 a 13.00 horas-, na Sede Electrónica do Concello ou a través dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición no Rexistro e na Sede Electrónica publicarase o listado provisional de persoas admitidas, suplentes e excluídas. Así mesmo, o alumnado seleccionado será informado telefonicamente da súa admisión. Para recibir máis información sobre esta acción formativa pódese consultar a web do Concello –apartado de Servizos, Formación e Actividades Municipais- ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal