Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PARTICIPOU NA PRESENTACIÓN DA "PLATAFORMA DA DÉCADA DO ENVELLECEMENTO SAUDABLE" IMPULSADA POLA ONU E A OMS
As edís de Benestar Social, Catalina García, e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, participaron no acto, ao que tamén asistiu o médico Carlos Piñeiro
Narón, 10 de setembro de 2021. As edís de Benestar Social, Catalina García, e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, participaron onte xunto co médico Carlos Piñeiro nunha reunión por videoconferencia organizada pola OMS e a ONU para presentar a Plataforma da década do envellecemento saudable. O Concello de Narón adheriuse á citada plataforma para traballar nas áreas para as que foi concebida. A convocatoria, na que estiveron tamén presentes seis directores xerais da OMS e representantes de varios países expertos nas áreas de envellecemento e saúde, tivo lugar ás 18.00 horas. As representantes do goberno local naronés destacaron a importancia desta iniciativa, a través da que se artella unha colaboración mundial de diferentes sectores e profesionais cun mesmo obxectivo, o de mellorar a vida das persoas maiores e as súas familias. Ao inicio da xuntanza, tralas pertinentes presentacións, deuse a coñecer a Plataforma da década do envellecemento saudable, unha ferramenta para promover o envellecemento saudable. Os ponentes realizaron as súas intervencións, todas elas centradas na colaboración en catro ámbitos de actuación: cambiar o xeito de pensar e actuar respecto ao envellecemento; asegurar que as comunidades fomenten as capacidades das persoas maiores; ofrecer atención integrada ao colectivo en función das súas necesidades e proporcionarlle tamén acceso á atención a longo prazo para aquelas persoas que o precisen. “Esta plataforma é unha ferramenta universal para traballar no eido do envellecemento saudable, co fin de que as persoas sexan independientes o maior tempo posible”, explicaron as edís naronesas. En relación ao traballo a levar a cabo, avanzaron que todos os participantes poñerán en común diferentes experiencias –de profesionais e particulares-, promoveranse programas en comunidade, reestruturaranse os coidados e levaranse a cabo outro tipo de medidas encamiñadas a mellorar a saúde das persoas maiores para que teñan unha mellor calidade de vida e tamén se incremente a esperanza de vida, tal e como se indicou.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal