OS ACTORES CARLOS BLANCO E OSWALDO DIGÓN PROTAGONIZAN ESTA FIN DE SEMANA NO PAZO A COMEDIA "QUEN DIXO MEDO?"
As últimas entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou a través da web: www.padroadodecultura.es
Narón, 13 de setembro de 2021. Os actores Carlos Blanco e Oswaldo Digón protagonizan a comedia que se poderá ver esta fin de semana no Pazo da Cultura, “Quen dixo medo?”, da compañía Con de Tres Pés S.L. O venres 17 a representación dará comezo ás 20.30 horas, se ben na xornada do sábado será a partir das 20.00. O prezo das entradas é de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante. Poden adquirirse as últimas entradas dispoñibles no despacho de billetes do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es.
Blanco e Digón subiranse ao escenario para representar un show en parte improvisado e no que será o público o que decida algunhas das temáticas que se tratarán no mesmo. Varias historias sobre diferentes asuntos, monólogos a cargo destes dous profesionais, diálogo, xogo e moita interacción co público garantirán unha vez máis o éxito desta comedia.