Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRAZO PARA PRESENTAR IMAXES AO "XII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN" REMATARÁ MAÑÁ
O concurso diríxese a persoas maiores de idade e repartirá en total 1.200 euros en premios, que un xurado especializado concederá a tres fotografías
Narón, 14 de setembro de 2021. O Concello pechará mañá mércores, ás 13.00 horas, o prazo de presentación de imaxes á duodécima edición do Concurso de Fotografía Cidade de Narón. As persoas interesadas en participar deben entregalas no Rexistro do Concello –de 8.30 a 13.00 horas-, podendo consultar as bases ao completo a través do seguinte enlace: http://www.naron.es/web/docs/Concurso-Fotografia.pdf. O concurso diríxese a persoas maiores de idade e repartirá 1.200 euros en tres premios, de 750, 300 e 150 euros á primeira, segunda e terceira fotografía, respectivamente, mellor valoradas por un xurado especializado. As imaxes deben amosar a riqueza de Narón, podendo centrarse a súa temática nos campos: humano e social –ámbito veciñal, deportivo, industrial, festas populares…-; espazos naturais de interese, de lecer, culturais e tecnolóxicos ou patrimonio monumental, arqueolóxico e etnográfico. Así mesmo, o lugar ou entorno que apareza na fotografía ten que ser do termo municipal de Narón e recoñecerse como tal. Cada participante poderá presentar como máximo tres imaxes, en cor ou branco e negro, que deben cumprir todos os requisitos estipulados nas bases da convocatoria. O impacto visual, a calidade técnico artística e a creatividade son os tres aspectos que valorará o xurado á hora de emitir a súa puntuación. As doce mellor puntuadas ilustrarán o calendario de sobremesa do Concello de Narón para o ano 2022.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es