Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CORTE NO SUBMINISTRO ELÉCTRICO O VINDEIRO VENRES EN TRAMOS DA RÚA CERRALLÓN DE ARRIBA E DA ESTRADA DE CEDEIRA
A medida responde á necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, tal e como indicaron dende a compañía
Narón, 15 de setembro de 2021. O Grupo Naturgy comunicou ao Concello que o vindeiro venres, día 17, procederá a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o que podería provocar interrupcións no subministro eléctrico que afectarían ás rúas Cerrallón de Arriba (números par de 72 a 78) e a estrada de Cedeira (números par, de 70 a 80, 84 e 88). O horario no que se verán afectadas esas zonas será de 5.00 a 7.00 horas, segundo avanzou a empresa. A medida responde á necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica “precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministro da zona”, tal e como aseguraron. Dende a compañía solicitaron de antemán desculpas polas posibles molestias que poida ocasionar a interrupción no subministro nesas zonas da cidade.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es