Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA TRES ACCIÓNS FORMATIVAS ENMARCADAS NO PROGRAMA "NARÓN, PRODUTOS DA RÍA"
O edil de Promoción Económica, David Pita, animou á cidadanía a inscribirse nestes cursos, todos eles de balde e que se impartirán entre este mes e outubro deste ano
Narón, 15 de setembro de 2021. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentou esta mañá no Concello as tres accións formativas que se desenvolverán na cidade con cargo á última fase do proxecto “Narón, produtos da ría”, impulsado en colaboración co GALP Golfo Ártabro Norte e a Consellería do Mar. O edil avanzou que todos os cursos serán de balde, precisando inscrición previa, e que dous deles impartiranse a través da plataforma Zoom e o outro de xeito presencial. “Redes sociais para a venda de produtos e servizos. Atención ao cliente” é a primeira das accións formativas, que terá lugar o 24 deste mes –de 19.00 a 21.00 horas a través de Zoom- e para o que se poderán inscribir as persoas interesadas ata o vindeiro día 22. Os asistentes coñecerán as vantaxes que poden xerar as redes sociais nunha empresa a través de ferramentas e técnicas de vendas dispoñibles neste medio, o que lles posibilitará non só construír unha boa imaxe de marca senón tamén boas e periódicas vendas. Outro dos cursos que se impartirá online será o de “Vende produtos e servizos a través de WhatsApp”, que se impartirá o vindeiro 28 de setembro –de 19.00 a 21.00 horas- e para o que se poderán anotar as persoas interesadas ata o día 24. Entre os contidos que se abordarán na convocatoria farase especial fincapé en como sacarlle o máximo partido a WhatsApp e amosaranse as funcionalidades de WhatsApp Business para os comercios e empresas. A maiores, tamén se fará unha revisión sobre Canva, a ferramenta estrela para realizar todo tipo de deseños e vídeos. A terceira das accións formativas enmarcadas no programa “Narón, produtos da ría” é o “Taller de tratamento do peixe”, programado para o 6 de outubro –de 18.00 a 20.00 horas no Centro de Formación Irmás Froilaz, na Gándara-. Ao ser un curso presencial ofértanse un total de 15 prazas (que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición), podendo inscribirse ata o vindeiro 1 de outubro. As persoas que acudan coñecerán os diferentes peixes que se comercializan nas confrarías e mercados locais, as súas propiedades, limpeza e preparación, elaboración de receitas, etc. Para inscribise nestas accións formativas ou recibir máis información pódese chamar ao teléfono 637 233 197 ou escribir ao correo electrónico: narongastronomico@naron.es. “Esperamos que os cursos teñan moi boa acollida porque consideramos que hai que recalcar a importancia de consumir produto local, da ría, de proximidade, que é de gran calidade e xera emprego na nosa comarca”, subliñou Pita.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal