Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA CONVOCA XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA AS ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS
O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, animou á cidadanía a acudir a estas xornadas, que se desenvolverán entre mañá e o martes 21
Narón, 16 de setembro de 2021. O Padroado da Cultura organizou unhas xornadas de portas abertas para aquelas persoas interesadas en coñecer o traballo que se realiza nas Escolas Culturais Municipais do Padroado. As sesións desenvolveranse no Pazo da Cultura e tamén no Auditorio municipal e na Casa da Cultura, en función da Escola, en diferentes horarios e aulas das citadas instalacións. O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, recordou que o prazo de matrícula estará aberto ata o 25 deste mes nas oficinas do Pazo, podendo tramitalas de luns a venres entre as 9.00 e as 13.30 e de 17.00 a 19.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00. Estas xornadas celebraranse atendendo a todas as medidas preventivas da covid-19 en vigor, sendo obrigatorio que as persoas acudan con máscara, utilicen o xel hidroalcohólico que haberá nas instalacións municipais e manteñan a distancia de seguridade interpersoal nos diferentes espazos. O edil naronés indicou que a primeira das sesións terá lugar mañá, a partir das 21.00 para as modalidades de baile social e bailes caribeños. Sánchez Fojo avanzou que a vindeira semana se poderá asistir ás xornadas de portas abertas da Escola de Pandeireta e canto tradicional, ás 18.00 para as modalidades infantil e xuvenil e ás 20.00 para adultos, neste caso no Auditorio municipal, na Praza de Galicia. Tamén o luns, ás 18.00 horas haberá no Pazo unha xornada de portas abertas da escola de Bailes de salón (danza coreográfica); ás 19.00 horas será a da Escola de Construción de instrumentos de percusión tradicional e ás 20.15 horas as de Acordeón e Zanfona. O martes 21 programáronse as xornadas nas restantes escolas, podendo elixir entre as de Cultura tradicional para peques (3 e 4 anos), no Pazo ás 17.00 horas; Debuxo, na Casa da Cultura ás 18.00; Baile tradicional, no Auditorio municipal, ás 18.00 para alumnado de Infantil e Xuvenil e ás 20.00 para Adultos; Escola de Teatro (obradoiros infantís e xuvenís), no Auditorio ás 18.30 e da Escola de Formación de Actores e Actrices e Obradoiros de Adultos ás 20.00 horas –tamén no Auditorio- e da Escola de Gaita e Percusión, no Pazo ás 19.00 horas. O concelleiro de Cultura asegurou que a través desta iniciativa “queremos dar a coñecer o traballo que se realiza nas Escolas Culturais Municipais, ofrecendo ás persoas interesadas a posibilidade de que acudan a unha primeira clase para coñecer ao profesorado e tamén os contidos de cada actividade”. Así mesmo, animou á cidadanía a acudir a estas xornadas de portas abertas “para asistir a unha primeira clase nalgunha das escolas culturais do Padroado, nas que cada ano se matriculan centos de persoas non só de Narón senón tamén doutros concellos da comarca”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal