Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS PRAZAS PARA O OBRADOIRO DO SERVIZO DE APOIO INTEGRAL A COIDADORAS NO MEDIO RURAL "CUIDADANAS"
As concellerías de Benestar Social e Igualdade respaldan esta iniciativa, impulsada pola Fundación Mujeres e a Deputación da Coruña
Narón, 17 de setembro de 2021. O obradoiro do proxecto “Cuidadanas”, do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural e que se leva a cabo dende o Concello en colaboración coa Fundación Mujeres e a Deputación da Coruña dispón das últimas prazas, polo que as persoas interesadas en participar no mesmo poden aínda anotarse informándose dos trámites chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1108 e 1109). A convocatoria, respaldada a través das Concellerías de Benestar Social e Igualdade, presididas polas edís Catalina García e Mar Gómez, respectivamente, é de balde. O curso desenvolverase cada xoves, entre o 23 de setembro e o 25 de novembro de 10.30 a 12.30 horas no Centro Comunitario das Vivendas da Mariña (rúa San Vicente, 1). Saúde e autocoidado, Quen coida de min; Xestión do tempo, O teu tempo, o teu lecer; Escoita activa, Se me escoito, escóitote; Dixitalizadas, Manexando o móbil e Prevención do acoso na rúa forman parte dos contidos a abordar nas diferentes sesións. Co obxectivo de mellorar as competencias dixitais das mulleres tamén a través do programa Digitalizadas, da Fundación Mujeres, impartirase o obradoiro de uso de teléfonos móbiles para que desenvolvan as súas competencias tecnolóxicas e reducir a fenda dixital de xénero. Neste obradoiro abordaranse temas como o uso do móbil intelixente, a xestión do correo electrónico e seguridade nas redes. A iniciativa “Cuidadanas” ten entre os seus obxectivos mellorar a calidade de vida das coidadoras familiares, dirixíndose especificamente a mulleres que de xeito non profesional coidan ou coidaron a persoas en situación de dependencia.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es