Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ANUNCIOU HOXE A APERTURA DO PRAZO PARA PARTICIPAR NO CONCURSO DE ELABORACIÓN DA "TARTA DE NARÓN"
Marián Ferreiro informou xunto coa concelleira de Turismo, Natalia Hermida, que o prazo abre mañá e explicou as bases do certame
Narón, 23 de setembro de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, anunciou a apertura do prazo, mañá venres, para presentarse ao concurso organizado polo Concello para elaborar a “Tarta de Narón”. Ferreiro estivo acompañada pola edil de Turismo, Natalia Hermida, para explicar os contidos deste certame a través do que se elaborará “un doce propio da cidade, que represente as características gastronómicas e culturais de Narón e cunha receita que na medida do posible inclúa ingredientes e técnicas propias desta zona”. As persoas interesadas en participar deben presentar as súas propostas en trinta días naturais –contados a partir de mañá-, podendo consultar as bases ao completo a través do seguinte enlace: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/09/20/2021_0000006884.pdf. Os trámites poden realizarse dende as 00.00 horas de hoxe a través da Sede Electrónica de Narón –sedeelectronica.naron.es- no apartado de Actividades-Concursos. A rexedora local explicou que poden participar as persoas maiores de idade, profesionais da pastelería, restauración e, en xeral, do mundo gastronómico que estean empadroados/as no Concello de Narón con actividade profesional noutro concello nos últimos dous anos ou con actividade profesional no concello de Narón nos últimos dous anos. Nas bases especifícase que a elaboración debe ser de produción propia, podendo cada participante presentar unha única tarta e debendo ter como ingrediente protagonista as noces. Entre as características da Tarta de Narón tamén está que teña un peso de entre 800 gramos e un quilo, que entre nun embalaxe cunhas dimensións específicas, que se poida transportar sen refrixeración e que teña un período de conservación superior a dez días. “En Narón contamos cunha gran variedade de profesionais do sector, coa experiencia e os coñecementos precisos para participar neste concurso e gustaríanos que se presentasen para poñer en valor a riqueza pasteleira da cidade”, apuntou Ferreiro. A alcaldesa subliñou tamén que “dende o Concello promocionaremos unha tarta propia que será tamén un reclamo turístico e gastronómico que dará a coñecer a cidade fóra do noso territorio”. O concurso repartirá 2.100 euros en premios, concedéndose 1.200 á persoa que elabore a tarta que seleccione o xurado como gañadora e 600 e 300 ás que reciban a segunda e terceira mellor puntuación, respectivamente. O aroma e sabor, o emprego de produtos da contorna, o aspecto visual, a orixinalidade da proposta e a orixe cultural ou etnográfica da proposta son os aspectos que valorará o xurado. En canto á composición do mesmo, integrarano: unha cociñeira ou cociñeiro profesional, unha pasteleira ou pasteleiro, un profesional da área de Formación e un representante do Concello, este último con voz pero sen voto.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal