Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR ÁS CLASES DE ESPAÑOL PARA PERSOAS ESTRANXEIRAS
As sesións desenvolveranse os xoves en horario de tarde nas instalacións da Biblioteca municipal, tal e como explicou a edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 27 de setembro de 2021. O prazo de inscrición para asistir ás clases de español para persoas estranxeiras convocadas na Biblioteca Municipal abrirá mañá martes ás 16.00 horas. Así o anunciou a edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, que indicou que se trata dun servizo que se presta dende o ano 2019 e a través do que se imparten clases para o citado colectivo todos os xoves, de 19.30 a 21.00 horas. A edil naronesa explicou que se ofertan un total de dez prazas e recordou que as inscricións se deben realizar no horario de apertura da Biblioteca municipal –de luns a venres de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 21.00 e os sábados de 10.00 a 13.00 horas- ou chamando ao número de teléfono 981 382 173. Taibo apuntou tamén que o vindeiro mércores, día 29, abrirá o prazo de inscrición nas primeiras sesións deste trimestre (as do luns 4 de outubro) das Mesas de conversa en inglés. Neste caso, as persoas interesadas poderán elixir entre as dúas opcións, ambas o luns, de 17.15 a 18.15 ou de 18.15 a 19.15 horas. A participación é de balde e cada persoa ten que reservar a súa praza, neste caso, para cada vez que desexe participar, abrindose a lista de inscrición de cada luns o mércores anterior ás 9.30 horas. Poden anotarse por teléfono ou de xeito presencial na Biblioteca municipal do Alto, nos horarios de apertura.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal