Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNS 400 MAOIRES PARTICIPARÁN NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA MUNICIPAL DE ENVELLECEMENTO ACTIVO
A concelleira de Benestar Social, Catalina García, explicou que as clases comezarán o 1 de outubro e rematarán o 30 de xuño do vindeiro ano
Narón, 29 de setembro de 2021. Unhas 400 persoas maiores de 60 anos participarán entre este ano e o vindeiro nas diferentes actividades do programa municipal de Envellecemento Activo. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, anunciou que o inicio das actividades terá lugar este venres, día 1, e rematarán o 30 de xuño de 2022. As sesións impartiranse nos dous centros comunitarios municipais, o Manuela Pérez Sequeiros e o das Vivendas da Mariña, e en centros cívicos sociais dos barrios e parroquias da cidade: A Solaina, Virxe do Mar, San Mateo, O Val, Piñeiros, O Alto, Freixeiro, Pedroso, Doso, Xuvia, San Xiao, Sedes e Castro. Nos vindeiros meses impartiranse sesións de ximnasia rehabilitadora, ioga, memoria, apoio á informática, labores, un obradoiro de enredar e outro de lectura e escritura e tamén sesións de canto e animación, tal e como indicou García. “As veciñas e veciños de Narón aos que se dirixen estas actividades son os que cada ano elixen as súas preferencias dentro das opcións dispoñibles”, explicou. Así mesmo aclarou que “este ano tamén tivemos tamén en conta os protocolos en vigor nas diferentes instalacións debido á pandemia da covid-19 que obrigaron a implantar unha serie de cambios para garantir o cumprimento das medidas hixiénicas e sanitarias”. O reaxuste no número de participantes en cada sesión, as entradas e saídas dos locais, o material a empregar, a desinfección de espazos, a distancia de seguridade e o uso obrigatorio de máscara son algunhas das medidas de prevención da covid-19 que se aplicarán co inicio deste programa municipal. “Continuamos traballando para ofrecer á veciñanza da cidade as actividades propias deste programa, esperando a incrementar os grupos de participantes en canto as autoridades sanitarias así o permitan”, apuntou a concelleira de Benestar Social. Dende o Concello, tal e como recordou a edil naronesa, ofértanse todas as actividades do programa de Envellecemento Activo aos centros cívicos e sociais da cidade. As persoas que desexen recibir máis información poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal, chamando ao teléfono 981 337 700 (extensións: 1108 e 1111).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal