Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA A REPRESENTACIÓN DA COMEDIA MUSICAL "ELISA E MARCELA"
A edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou que as entradas poderán recollerse de balde a partir do 4 de outubro na billeteira do Pazo
Narón, 2 de outubro de 2021. O Pazo da Cultura acollerá o vindeiro domingo día 10 a comedia musical “Elisa e Marcela”. Trátase dunha proposta impulsada a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco do programa FalaRedes, da Rede de Dinamización Lingüística, con cargo ao Fondo Europeo Xacobeo 21-22. A edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou que o Concello de Narón está adherido á Rede de Dinamización Lingüística, sendo elixido para acoller esta actividade. Elisa e Marcela foron dúas mulleres que se casaron na igrexa de San Xurxo no ano 1901, unha delas vestida de home. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrucción irreverente dun suceso real, unha comedia musical onde o verídico parece invento. Persecucións policiais, fuxidas, cambios de identidade e información manipulada forman parte desta historia de amor a contratempo. A comedia está recomendada para mocidade e público adulto e comezará ás 19.00 horas. As persoas interesadas en asistir poderán recoller as entradas, de balde, a partir do vindeiro luns, día 4, na billeteira do Pazo. Entregaranse un máximo de dúas entradas por persoa, de luns a sábado de 9.30 a 14.00 e de 17.00 a 20.30. O propio día do espectáculo a billeteira abrirá unha hora antes do comezo do espectáculo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal