Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E O EDIL DE SERVIZOS VISITARON AS OBRAS DO PRIMEIRO CIRCUÍTO DE CALISTENIA DA CIDADE
Marián Ferreiro avanzou que as instalacións, ubicadas na zona do paseo marítimo da Gándara, estarán abertas á cidadanía nos vindeiros días
Narón, 2 de outubro de 2021. O Concello abrirá nos vindeiros días o primeiro circuíto de calistenia da cidade. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse esta semana ao paseo marítimo da Gándara para comprobar o avance dos traballos destas novas instalacións, ubicadas na zona do paseo marítimo. O Concello destinou a estas obras unha partida de preto de 22.000 euros Os circuítos de calistenia son equipamentos que permiten a práctica dun método de adestramento físico no que só se traballa co peso do corpo e que permite gañar flexibilidade e forza. A alcaldesa asegurou que “cada vez son máis as persoas que practican este tipo de adestramento e por iso quixemos dotar á cidade dun circuíto no que poidan practicar”. Ferreiro explicou que “a zona na que se ubican as instalacións é unha das máis frecuentadas polas persoas que practican deporte” e avanzou que “a intención do goberno local é continuar avanzando nesta mesma liña e nos vindeiros anos, a medida que sexa posible, habilitar máis instalacións como esta, co fin de que os tres paseos da cidade, o da Gándara, o de Xuvia e o de Freixeiro teñan os seus propios circuítos de calistenia”. Barras paralelas horizontais de diferentes alturas, unha escada horizontal, aneis… forman parte dos equipos instalados na Gándara co fin de “fomentar a práctica do deporte ao aire libre e hábitos de vida saudables”. A alcaldesa recordou que estas instalacións se suman a outras xa operativas na cidade, como os circuítos Vita de Xuvia e O Couto e os parques biosaudables, entre outras. Ferreiro asegurou que a construción destas instalacións “responde a unha demanda que tiñamos na cidade, donde hai persoas que xa practican este deporte e outras que poderán iniciarse nel, dando tamén a coñecer entre a cidadanía novas disciplinas”. Así mesmo, subliñou que “Narón é a día de hoxe un referente en canto a instalacións deportivas e dende o Concello continuaremos traballando para que así siga sendo, co obxectivo de que as nosas veciñas e veciños dispoñan na cidade de espazos para practicar diferentes disciplinas deportivas”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal