Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A FEIRA DE DESENVOLVEMENTO RURAL "REXENERA AVENTUNARÓN" CONTINÚA HOXE E MAÑÁ NO RECINTO DO TRECE
Os edís de Medio Ambiente, Santiago Galego, e Igualdade, Mar Gómez, estiveron esta mañá no evento
Narón, 2 de outubro de 2021. A programación da Feira de Desenvolvemento rural “Rexenera Aventunarón” continúa desenvolvéndose hoxe e mañá no recinto feiral do Trece, en Sedes. Os edís de Medio Ambiente, Santiago Galego e Igualdade, Mar Gómez, estiveron esta mañá no evento, donde se concentran empresas e profesionais vencellados ao turismo, á sustentabilidade, á innovación e á enerxía. Galego destacou que se trata dunha convocatoria “na que a xente está participando activamente nas ponencias que se imparten ao longo do día e tamén nos obradoiros e, ao mesmo tempo, as propias empresas aproveitan as sinerxias entre elas, algo que é tamén un dos obxectivos desta convocatoria”. Ao longo da mañá de hoxe tiveron lugar ponencias sobre “O adestramento e a supervivencia”, “O novo turista de natureza”, e “Modelo de desenvolvemento sostible do territorio”. Así mesmo, á entrada dunha das naves do recinto, menores e adultos tiveron a oportunidade de aprender a facer lume empregando diferentes sistemas. Esta tarde, ás 16.00 horas haberá unha charla sobre “Ecoturismo e conservación da águia pescadora na bahía de Santander”, outra do “Modelo de desenvolvemento sostible do territorio” -17.00 a 18.15 horas- e unha última de “Pegada de carbono e sostibilidade turística no entorno rural” -18.30 a 19.30-. A maiores, tralos obradoiros desta mañá sobre medio ambiente, e tacfit e unha exhibición cun vehículo motobomba, esta tarde, ás 16.00 horas haberá outro obradoiro de carácter medioambiental, ás 17.00 un sobre a auga e o lume e o último a partir das 18.00 horas de refuxio e nós. A Feira “Rexenera Aventunarón” rematará mañá. Ás 10.30 horas haberá unha ponencia sobre “Invasoras no noso contorno”, a cargo de persoal de Adega, e de 12.00 a 13.00 horas Laura Calvo e Jorge Gude, presentarán o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Medioambiental de Galicia (CEIDA) e as súas principais liñas de traballo. Tamén ás 12.00 horas terá lugar un obradoiro sobre “Que é o que chega ás nosas costas polo noso malfacer”.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es