Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ILUMINACIÓN DO EDIFICIO DA CASA DA CULTURA E DA GLORIETA DE FREIXEIRO CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA DISLEXIA E DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL
O Concello súmase aos actos conmemorativos destas dúas xornadas para dar visibilidade á dislexia e aos problemas de saúde mental
Narón, 7 de outubro de 2021. O Concello iluminará na noite de mañá venres, día 8, a Casa da Cultura de cor azul con motivo do Día Internacional da Dislexia. Deste xeito o Consistorio naronés únese á campaña “Unidos por la Dislexia”, promovida pola Federación Española de Dislexia (FEDIS). A finalidade desta iniciativa é visibilizar a dislexia e outras dificultades específicas de aprendizaxe que afectan, indicaron dende o colectivo, a un 10% da poboación mundial. Así mesmo, e con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, que se conmemora o vindeiro domingo, día 10, o Concello iluminará de cor verde a rotonda de Freixeiro dende mañá ata o domingo, incluídos. Tamén neste caso o fin é dar visibilidade a esta enfermidade, baixo o lema do manifesto deste ano: “La salud mental, un derecho necesario. Mañana puedes ser tú”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal