Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN DE PERSOAS XORDAS DE FERROLTERRA
A rexedora local, Marián Ferreiro, asinou o convenio coa presidenta da entidade, Teresa Gallo nun acto ao que tamén asistiu a concelleira de Benestar Social, Catalina García
Narón, 25 de outubro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou esta mañá no Concello un convenio de colaboración coa Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, representada pola súa presidenta, Teresa Gallo. No acto estivo tamén presente a concelleira de Benestar Social, Catalina García. O convenio supón unha achega por parte do Concello de 3.000 euros, para levar a cabo diferentes iniciativas. O Consistorio naronés mantén o seu compromiso coa citada asociación coa finalidade de ofrecer programas de atención a persoas xordas e con discapacidade auditiva, dando continuidade ao traballo que se realiza na cidade nesta área co colectivo de persoas con diversidade funcional e as súas familias. O acordo permitirá ao Concello dispoñer dunha bolsa de 75 horas do servizo de intérprete de lingua de signos en actividades nas que considere necesaria a prestación do mesmo. Unhas horas que, tal e como se recolle no acordo, tamén poderán destinarse a cursos de formación que organizaría a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra. Tamén se ofrece dende o colectivo información, asesoramento e servizo de mediación da comunidade xorda, en coordinación co Servizo Sociocomunitario Municipal. Ferreiro e García destacaron o traballo que ao longo do ano realiza a asociación coas persoas xordas e as súas familias e incidiron na importancia de poder manter na cidade un servizo destas características da man dos profesionais que integran a AXF. Ao mesmo tempo, a alcaldesa e a edil de Benestar Social agradeceron a colaboración e implicación da entidade coa administración local.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal