Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA PRESENTAR OBRAS AO "XIII CONCURSO DE PINTURA CIDADE DE NARÓN"
O edil de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, indicou que o certame consta de dous premios económicos, un de 3.000 euros e outro de 500
Narón, 26 de outubro de 2021. O Padroado da Cultura de Narón mantén aberto o prazo para presentar obras ao “XIII Concurso de Pintura Cidade de Narón”. O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, explicou que o certame, que conta de categoría infantil e de adultos, repartirá 3.500 euros en premios. As obras que se presenten nas categorías infantil e xuvenil (ata 15 anos) están fóra de concurso, pero recibirán un detalle participativo. No caso das de adultos, haberá un primeiro premio profesional de 3.000 euros e tamén se convoca o primeiro premio amador “Francisco Criado”, dotado con 500 euros. As persoas interesadas en participar na categoría profesional deben presentar as súas obras de xeito telemático, a través do correo: pinturacidadedenaron@padroadocultura.es ata o vindeiro domingo e nas categorías amador e infantil o prazo de presentación rematará o venres día 29, podendo entregarse as obras no propio Pazo da Cultura, donde permanecerán expostas do 3 ao 12 de novembro. As obras gañadoras do primeiro premio en ambas categorías de adulto pasarán a ser propiedade do Padroado da Cultura de Narón e os autores/as non poderán presentarse nas vindeiras dúas edicións do certame. As obras deben ser orixinais e poderá presentarse unha por autor/a e tanto a temática como a técnica e estilo serán libres. Presentaranse no Pazo (rúa Holanda s/n) unha vez seleccionadas polo xurado sen sinatura acompañadas dun sobre pechado cos datos persoais do autor ou autora, o título do cadro, data de execución e técnica e copia do DNI por ambas caras. O fallo do xurado terá lugar o 12 de novembro e as obras da categoría profesional exporanse no Pazo do 16 ao 23 de novembro, tal e como recordou Sánchez Fojo. A entrega de premios será o 23 de novembro, coincidindo coa celebración dos actos do Día de Narón. O concelleiro de Cultura animou ás veciñas e veciños de Narón e doutros concellos a participar nesta edición do certame, “un recoñecido concurso na nosa cidade e tamén noutros concellos que cada ano nos permite reunir no Pazo numerosas obras procedentes de diversos puntos da xeografía española e tamén ver as que fan as rapazas e rapaces que se presentan ás categorías infantil e xuvenil”.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es