Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA VISITOU A PLANTA DE TRANSFERENCIA DE RESIDUOS DE SOGAMA NO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
A rexedora local, Marián Ferreiro, estivo acompañada polos edís de Servizos, Ibán Santalla, e Medio Ambiente, Santiago Galego, nunha visita á que acudiron tamén a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o presidente de Sogama, Javier Domínguez, entre outros
Narón, 26 de outubro de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, desprazouse esta mañá, acompañada polo edil de Servizos, Ibán Santalla, e o de Medio Ambiente, Santiago Galego, entre outros edís da corporación local, á planta de transferencia de residuos que a empresa Sogama ten no polígono industrial de Río do Pozo. Visitaron tamén as instalacións a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o presidente de Sogama, Javier Domínguez. A alcaldesa de Narón valorou o investimento de 300.000 euros que a Xunta realizará para mellorar a planta de transferencia de Río do Pozo, unha actuación que se prevé licitar a comezos do vindeiro ano. Grazas a esas melloras poderase trasvasar no na planta a materia orgánica recollida no contedor marrón, a maiores dos residuos das bolsas negra e amarela. “Quero agradecer que se faga este esforzo e nesta planta de transferencia, porque nós levamos tempo traballando na implantación da quinta fracción e así llo trasladamos no seu día á conselleira”, apuntou. Así mesmo recordou que “temos en vigor o novo contrato de Recollida de Residuos Sólidos Urbáns, que implica esa implantación do contedor marrón e queriamos unha solución para depositar eses residuos. A verdade é que a que nos dan é a mellor para as veciñas e veciños de Narón porque ao poder depositalos nesta planta evita ao Concello maiores gastos de desprazamentos para o traslado". Ao remate da visita o edil de Medio Ambiente naronés interesouse ante a conselleira polo tratamento e a limpeza da conocida como “herba da pampa” e tamén lle trasladou os problemas que causan os xabarís no termo municipal, quedando pendiente concretar unha reunión coa delegación territorial para abordar este asunto e buscar unha solución á proliferación desta especie invasora.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es