Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA E O CINECLUBE SERIE B ORGANIZAN A PROXECCIÓN DA PELÍCULA
A entrada para asistir é de balde, podendo retirarse no despacho de billetes do Pazo da Cultura
Narón, 27 de outubro de 2021. O Padroado da Cultura do Concello de Narón organiza unha nova proxección cinematográfica que terá lugar mañá xoves, día 28, en colaboración co Cineclube Serie B. A cita será no Pazo ás 20.00 horas e está relacionada co Samaín, polo que se poderá ver a película “Pesadilla antes de Navidad”. A entrada é de balde ata completar aforo, polo que as persoas que desexen asistir poden retiralas no despacho de billetes do Pazo da Cultura. Dende o Padroado da Cultura e o Cineclube Serie B animan ás veciñas e veciños a acudir á proxección, para desfrutar deste clásico da animación musical dirixido por Henry Selick. A Federación de Cineclubes de Galicia (Feciga) e a Xunta de Galicia colaboran nesta iniciativa que, segundo indicaron dende o Cineclube Serie B será probablemente a derradeira proxección que organicen este ano na cidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal