Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO IMPULSA A WEB DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ CO LANZAMENTO DUNHA ENQUISA PARA ESTUDAR O MOVEMENTO ASOCIATIVO DA CIDADE
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, indicou que a enquisa se dirixe ás entidades asociativas do municipio e á cidadanía en xeral
Narón, 27 de outubro de 2021. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, anunciou o lanzamento dunha enquisa a través da web naronparticipa.es para estudar o movemento asociativo da cidade e fomentar a participación en diferentes procedementos municipais. “A través dun formulario aberto á cidadanía, organizado con preguntas sobre a participación en Narón, poderán participar todas as persoas que o desexen dun xeito moi sinxelo e por vez primeira a través deste sistema”, explicou García. Os resultados pasarán a formar parte do estudo do movemento asociativo, un informe da Escola de Participación de Narón para o que se están desenvolvendo outras ferramentas de análise, como entrevistas á veciñanza coñecedora da historia do movemento veciñal. A enquisa estará aberta na plataforma ata o 30 de novembro, concretamente no apartado de “Consultas” da mesma. Este espazo web “é unha plataforma innovadora e versátil aberta ás achegas da veciñanza, dende a que visibilizar o tecido asociativo do concello e dinamizar a participación cidadá”, tal e como indicou a edil naronesa. A enquisa está dirixida ás entidades asociativas do concello e á cidadanía en xeral, que poderán achegar as súas propostas a procesos participativos en curso; estar ao tanto das convocatorias dos consellos territoriais, así como revisar nas súas actas o tratado; e atopar toda a información sobre as entidades asociativas do concello, entre outros usos. Todos estes usos están accesibles baixo rexistro. Rexistrarse na plataforma só require entrar en naronpartipa.es e facilitar os datos básicos. García animou ademais ás entidades a solicitar un espazo propio dentro desta web. Nel poderán visibilizar o seu traballo, compartindo novas e creando eventos, manter actualizados os datos de contacto e redes sociais, abrir procesos internos para a elaboración de propostas ou compartir documentos de interese para as asociacións. As entidades interesadas nesta opción deberán poñerse en contacto coa Escola de Participación en escolaparticipacion@naron.es ou chamando ao 603 865 413.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es