Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALGO MÁIS DE 300 ESCOLARES DA CIDADE PARTICIPAN NA TERCEIRA EDICIÓN DAS OLIMPÍADAS ESCOLARES DE SEGURIDADE VIARIA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, desprazáronse hoxe ao CRA do Val para asistir a un dos obradoiros
Narón, 27 de outubro de 2021. O Concello iniciou a terceira edición das Olimpíadas Escolares de Seguridade Viaria, que o pasado ano debido á situación sanitaria se celebraron de xeito virtual e que un ano máis contan coa colaboración da Confederación Nacional de Autoescuelas. Un total de 308 escolares de cuarto e quinto curso de educación Primaria de nove centros de ensino da cidade participan nesta convocatoria, que consta de tres fases, unha teórica, outra práctica e a final. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, desprazáronse esta mañá ao centro do CRA do Val para asistir a unha das sesións, neste caso dunha hora de duración e sobre pautas de mantemento da bicicleta, impartida por Gabriel Ramos, do club local Clásicos Bikeworks. Trala charla impartida sobre as bicicletas tivo lugar unha na que a axente da Policía Local e integrante do equipo de Educación Viaria do Concello Sonia López lles falou ás rapazas e rapaces da normativa como peóns, ciclistas e vehículos de mobilidade persoal (VMP). Ao longo deste mes e o de novembro impartiranse estas charlas da fase teórica e outra sobre Medio Ambiente a cargo dun profesional nesa área nos colexios Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Ayala, Virxe do Mar, A Solaina, O Feal, A Gándara, Piñeiros e o CRA do Val. Unha vez que remate esta formación os titores e titoras dos centros seleccionarán entre o alumnado a un grupo mixto de seis nenas e nenos por colexio para participar na final e representar á clase e ao centro educativo. A continuación terá lugar a fase práctica, que consistirá nunha gincana con bicicletas e para o que serán os propios centros os que elixirán a un alumno ou alumna para realizala, debendo levar ese día unha bici e casco. Un tribunal encargarase de controlar que o circuíto se execute correctamente, asignando unha puntuación que se sumará na fase final. Esta fase final está programada para o 12 de xaneiro, ás 10.00 horas no Pazo da Cultura e alí os escolares, en grupos de seis por centro, realizarán un cuestionario de trinta preguntas tipo test e todos eles ao mesmo tempo. Para elixir aos finalistas sumaranse os tempos do cuestionario e os da gincana. Nestas olimpíadas entregaranse un primeiro, segundo e terceiro premio para os tres grupos clasificados con máis puntuación e en caso de empate teranse en conta preguntas do cuestionario. Os premios serán colectivos para que poida disfrutar dos mesmos toda a clase. A alcaldesa e o edil de Seguridade Cidadá conversaron cos escolares e agradeceron aos centros a súa participación nesta convocatoria. “Durante unhas semanas os escolares aos que se dirixen estas olimpíadas recibirán unha formación moi útil no seu día a día, cunha parte didáctica e outra lúdica sobre diversas materias, entre as que tamén están as matemáticas aplicadas á educación viaria, o inglés e a igualdade de xénero”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal