Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO TRASLADA Á XUNTA E A ALSA A NECESIDADE DUNHA NOVA LIÑA DE TRANSPORTE INTERIOR EN AUTOBÚS POLA GÁNDARA, SANTA ICÍA E FREIXEIRO
A nova ruta permitirá mellorar as conexións co novo centro de saúde, a zona do Consitorio e os institutos das Telleiras e Terra de Trasancos
Narón, 28 de outubro de 2021. A edil de Transporte, Mar Gómez, e o teniente de alcalde, Guillermo Sánchez Fojo, asistiron esta semana á xuntanza con representantes da Dirección Xeral de Mobilidade e as empresas concesionarias do servizo de transporte na zona xunto a alcaldes e edís doutros concellos da Mancomunidade e o xerente deste organismo. Dende a Mancomunidade solicitouse a xuntanza co fin de solventar os problemas nas liñas de transporte en autobús na comarca de Ferrolterra. Dende o Concello enviarase, tal e como acordaron na xuntanza, á Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia a petición de implementar unha liña de transporte interior que una os barrios da Gándara e Santa Icía coa zona do Concello e o novo centro de saúde, e ao mesmo tempo cos dous institutos locais, ubicados na zona de Freixeiro. “A finalidade é que a través deste servizo se facilite o desprazamento en autobús dos menores que van aos institutos das Telleiras e Terra de Trasancos e tamén a aqueles usuarios e usuarias que se dirixen ao novo centro de saúde do Alto e o núcleo do Consistorio”, explicaron. Sánchez Fojo e Gómez aseguraron que esa liña, cuxa necesidade se abordou coa empresa Alsa, concesionaria actualmente do Servizo de Transporte Metropolitano, “é moi necesaria na cidade para dar resposta ás actuais necesidades de mobilidade na nosa cidade”. Por este motivo, dende o Consistorio enviarase un escrito xunto cunha proposta de liña coas rutas, horarios e paradas necesarios, acordado previamente coa adxudicataria do servizo tras unha reunión celebrada hai uns días no Concello e na que estiveron a alcaldesa, Marián Ferreiro, e Daniel López, representante da Unidade da Zona Noroccidental da empresa Alsa. A proposta de Narón sumarase a outras que se poidan presentar dende outros municipios, co fin de que se incorporen ás modificacións que se están impulsando para adecuar o servizo á demanda dos viaxeiros. Dende o Concello naronés confíase en que se poida atender a demanda plantexada, unha petición que trasladaron tamén á administración local numerosas veciñas e veciños.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal