Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O DELEGADO DO GOBERNO E OS PORTAVOCES MUNICIPAIS VISITAN AS OBRAS DO PLAN E
Antón Louro foi recibido no Concello polo Alcale e os representantes dos grupos políticos municipais.
Narón, 14 de Decembro de 2009.- O Concello de Narón acolleu esta mañá a visita institucional do delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, quen foi recibido polo Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e os portavoces dos grupos políticos municipais (PP, PSOE e BNG). Na Casa Consistorial mantiveron unha xuntanza de traballo na que se falou sobre temas de actualidade do municipio, para logo realizar unha visita a dúas obras que estanse a financiar con cargo ó Fondo Estatal de Inversión Local (Plan E). A primeira das obras visitadas foi o acondicionamento da travesía Bispo Argalla e o entorno da Casa da Mocidade, xa finalizada. A actuación foi adxudicada á empresa Jesús Martínez por importe de 463.045 euros, e deu emprego a 8 persoas. Logo de percorrer a urbanización deste lugar, situado no barrio de A Gándara, a comitiva desprazouse ata o local social de A Solaina, en construcción. Nesta outra parroquia estase a construir un baixo de 1.500 metros cadrados, cun orzamento de 594.407 euros, no que están a traballar 13 persoas anteriormente desempregadas. As obras, que corren a cargo da empresa Freixeiro S.L. , permitirán albergar aulas de pintura, debuxo e informática para os veciños deste barrio. Tamén haberá sitio para a práctica de deportes coma o tenis de mesa, e ademáis instalarase a sede da asociación de veciños de A Solaina. O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, lembrou que a Narón lle corresponderon neste ano 2009 un total de 6.413.564 euros procedentes do Fondo Estatal de Inversión Local (Plan E) que foron empregados na financiación de 24 proxectos, nos que se deu emprego a 390 persoas. “Á hora de adxudicar as inversións, o Concello intentou distribuir as obras en varios bloques: servizos e saneamento, locais sociais e colexios, e infraestructuras coma este edificio multiusos de A Solaina”, comentou o rexedor naronés. Blanco asegurou que a inversión realizada no ano 2009 con cargo ó Fondo Estatal de Inversión Local e tamén a que se levará a cabo en 2010 “resultou moi positiva para Narón, porque de non ser así dende a administración local non as poderíamos realizar. Estamos agradecidos de que o Goberno Central nun momento de crise tiveran a consideración de aportar financiación ós concellos xa que de outra maneira, estos servizos quedarían relegados a outras épocas de bonanza. O Alcalde lembrou que “os concellos, ó mesmo que os veciños, estamos a sufrir a crise económica e esta inversión supuxo para nos un impulso importantísimo. Pero votamos de menos que o Estado xestione unha lei na que recoñeza a Financiación Local dos concellos, estamos perdendo cartos que nos corresponderían e necesitamos que se nos recoñezca esta situación coa máxima celeridade posible”, declarou. Finalmente, Jose Manuel Blanco fixo un chamamento á unidade dos gobernos ó asegurar que “o importante das administracións é poner en conxunto as armas que cada un de nos temos, para poder saír da crise na que estamos sumerxidos. É moi importante que o goberno central xenere confianza para poder saír da crisis canto antes”, sinalou.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal